[Clic en la imagen para reservar tu visita]

 

Admisión de alumnos. Curso 2019-20

 

Na parte inferior desta páxina atopará nuns menús despregables toda a información relativa ao proceso de admisión de alumnos: Normativa, calendario e prazos, baremación, listaxes etc.

 


 CALENDARIO DE ADMISIÓN:

 


A presentación de solicitudes pódese facer mediante presentación dun formulario físico cuberto ou ben de forma telemática na aplicación da Consellería de Educación:

 

  • FORMULARIO FÍSICO (ED550B):


Formulario de solicitude de admisión. Pode descargalo e cubrilo no ordenador, imprimilo e entregalo na Secretaría do Centro ou ben recollelo xa impreso na Recepción do Colexio. Nas dúas opcións teñen que adxuntar a documentación requerida.

 

  • PRESENTACIÓN TELEMÁTICA:


A través da aplicación informática: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 

No menú: 2 Solicitudes - 2.2 Admisión - 2.2.2 Crear solicitude de admisión. 

 


NORMATIVA

A normativa sobre admisión de alumnos en centros docentes sostidos con fondos públicos está regulada polas seguintes disposicións:

Decreto 254/2012 , do 13 de decembro, polo que se regula a admisión do alumnado. (DOG, 26/12/2012)

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado. (DOG 15/03/2013)

Orde pola que se modifica o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de ESO e de bacharelato. (DOG 01/02/2017)

DOCUMENTACIÓN QUE DEBE ACHEGARSE COA SOLICITUDE:

Documento acreditativo do requisito de idade do / da alumno/a: fotocopia e orixinal do DNI, NIE, folla correspondente do Libro de Familia ou outro documento equivalente.
Certificado de matrícula do curso no que se atopa actualmente (para alumnos xa escolarizados).
Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de ser o caso.

NOTA INFORMATIVA:

Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridad que poidan corresponderlle. 

 

Criterio complementario (1 punto)

 

1. Criterio: No procedemento de admisión de alumnado concederase un punto ao fillo/filla, neto/neta ou irmán/irmá dun antigo/a alumno/a do centro educativo CPR. Plurilingüe Mariano ou doutro centro da mesma Entidade Titular (Franciscanas Misioneras de la Madre del Divino Pastor).

 

2. O/A interesado/a terá que presentar documentación referida ao último curso no que o/a antigo/a alumno/a estudiou, é de ser o caso, certificado de nacemento ou calquera outro documento que acredite a súa relación familiar co solicitante.

 

3. A secretaría do CPR. Plurilingüe Mariano cotexará, e, de ser o caso, emitirá un documento que certificará a veracidade dos datos aportados, otorgando deste xeito un punto ao solicitante.

 

4. No caso de antiguos/as alumnos/as de centros pertencentes á mesma Entidade Titular, presentarase un certificado de estudos de dito centro, no que conste o último curso estudado nel, asinado polo secretario/a e co visto e prace do director/a.

 

 

Letra de prioridade no caso de empate nos puntos do baremo.

Para os efectos da resolución do desempate na puntuación final na orde de admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos no curso 2019/2020, conforme ao resultado do sorteo, as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "E" e "C"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "U" e "P".

ZONA EDUCATIVA No 6: INFANTIL E PRIMARIA

Comprende dende a rúa Tomás Elvira e seguindo pola rúa Urzaiz ata o cruce coa rúa Vázquez Varela; dende este cruce pola rúa Vázquez Varela e rúa Pizarro ata a praza de España e pola Avenida de Madrid ata o río Lagares e seguindo pola beira dereita do río ata a ponte da rúa Severino Cobas e dende aquí pola rúa Baixada do Capitán á Avenida de Ramón Nieto e ao cruce con Tomás Elvira.

 

 

ZONA EDUCATIVA No 5: ESO

Comprende dende o cruce dos Choróns subindo por Urzaiz (marxe esquerda) ata o cruce de Couto San Honorato subindo pola rúa San Roque (banda esquerda) pola rúa de Carracido e tódala banda dereita da Travesía de Vigo (dende o cruce dos Choróns ata o remate da mesma) (zona do Calvario)

Déixanos os teus datos accedendo ao formulario. Porémonos en contacto contigo para manter unha entrevista para presentarte a nosa proposta para o bacharelato e tamén para coñecer o colexio.

Despois de valorar a túa solicitude, darémosche unha resposta e, en caso afirmativo, poderás formalizar a reserva de praza.

 

FORMULARIO DE SOLICITUDE