[Clic en la imagen para reservar tu visita]

Admisión de alumnos. Curso 2020-21

CALENDARIO DE ADMISIÓN:

 

A presentación de solicitudes pódese facer mediante presentación dun formulario físico cuberto ou ben de forma telemática na aplicación da Consellería de Educación:

 

  • FORMULARIO FÍSICO (ED550B):

Formulario de solicitude de admisión. Pode descargalo e cubrilo no ordenador, imprimilo e entregalo na Secretaría do Centro ou ben recollelo xa impreso na Recepción do Colexio. Nas dúas opcións teñen que adxuntar a documentación requerida.

 

  • PRESENTACIÓN TELEMÁTICA:

A través da aplicación informática: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

No menú: 2 Solicitudes - 2.2 Admisión - 2.2.2 Crear solicitude de admisión.

  • INFORMACIÓN SOBRE SERVIZOS, HORARIOS, ACTIV EXTRAESCOLARES,  etc:

Educación Infantil
Educación Primaria
ESO
 

NORMATIVA

A normativa sobre admisión de alumnos en centros docentes sostidos con fondos públicos está regulada polas seguintes disposicións:

Decreto 254/2012 , do 13 de decembro, polo que se regula a admisión do alumnado. (DOG, 26/12/2012)

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado. (DOG 15/03/2013)

Orde pola que se modifica o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de ESO e de bacharelato. (DOG 01/02/2017)

DOCUMENTACIÓN QUE DEBE ACHEGARSE COA SOLICITUDE:

Documento acreditativo do requisito de idade do / da alumno/a: fotocopia e orixinal do DNI, NIE, folla correspondente do Libro de Familia ou outro documento equivalente.
Certificado de matrícula do curso no que se atopa actualmente (para alumnos xa escolarizados).
Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de ser o caso.

NOTA INFORMATIVA:

Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridad que poidan corresponderlle.