Calendario Escolar 2019-20 (Extracto)

Alumnado matriculado en 2º ciclo de infantil (3,4 e 5 anos) e en primaria: As clases comezarán o día 11 de setembro de 2019 e rematarán o 19 de xuño de 2020;

Alumnos de ESO e Bacharelato: O día de inicio de curso será o 16 de setembro e se prolongará ata o 19 de xuño de 2020. No Colexio Mariano, todo o alumnado de ESO e Bacharelato está convocado a unha sesión de presentación o venres 13 de setembro, ás 11 h. Os alumnos de ESO poden acudir ese día sen uniforme.

Así mesmo establécense como períodos vacacionais Nadal (desde o 21 de decembro de 2019 ata o 7 de xaneiro de 2020, ambos inclusive); Entroido (os días 24, 25 e 26 de febreiro de 2020) e Semana Santa (desde o 4 ata o 13 de abril de 2020). Tampouco serán días lectivos os declarados festas de ámbito estatal e os festivos oficiais da Comunidade Autónoma así como o Día do Ensino, que se celebrará o 31 de outubro de 2019.

Días non lectivos: Quedan por definir e aprobar polo Consello Escolar do centro e a Delegación Territorial de Educación, dous días non lectivos adicionais que substituirán aos festivos locais (Reconquista de Vigo e San Roque) que non se disfrutarán por coincidir en días fora do período escolar.

Horario Escolar 2019-20