Enlace al Reglamento de Régimen Interno
 

 

 

Normas de convivencia

RESPECTO:

  • Valoramos o respecto e a consideración por todos os que nos rodean como formas excelentes de amosar e compartir o mellor do que somos cada un de nós.
  • É de boa educación saudarnos; non podemos descoidar este aspecto nin outras regras básicas de cortesía
  • Escoitamos con atención a opinión dos demais, evitando calquera burla ou comentario descortés.
  • Coidamos a nosa linguaxe, evitando palabras ou expresións malsoantes e insultos.
  • Respectamos os locais de uso colexial (aulas, salas polivalentes, biblioteca, patios, laboratorios e obradoiros) e coidamos os materiais que están a disposición de todos nós.
  • Deixamos as salas que empregamos ben ordenadas para o grupo seguinte.

 

ASISTENCIA AO COLEXIO:

  • Acudimos ás clases e aos actos organizados no colexio e facémolo con puntualidade. A asistencia é obrigatoria.
  • Procuramos, no que dependa de nós, que as citas médicas non coincidan no horario lectivo.
  • Xustificamos por escrito e de antemán as nosas ausencias ou retrasos previstos. As non previstas xustificámolas cunha chamada a recepción por parte dos nosos pais o mediante escrito á volta á clase. En calquera caso dita xustificación escrita entregámola ao titor.
  • Se faltamos a algunha clase anterior a un exame establecido sen causa xustificada, perdemos o dereito a examinarnos nese día. O profesor/a da materia informaranos en que momento o realizaremos.

 

MOVEMENTOS POLO COLEXIO:

  • Facemos os nosos desprazamentos polo colexio (corredores, escaleiras...) con orde, procurando camiñar con axilidade e falar baixo para non entorpecer o traballo doutros grupos.

 

RECREOS:

  • Durante o recreo non quedamos na clase nin nos corredores e escaleiras (exceptuando aqueles casos que sexan autorizados polo titor ou dirección). Este é un tempo no que precisamos descansar e tomar azos para o resto da mañá.
  • En cumprimento da normativa legal vixente, os alumnos da PRIMARIA e ESO permanecemos no recinto colexial e non saímos a rúa.
  • Estamos atentos a chegar con tempo suficiente á clase á volta do recreo.
  • En cumprimento da normativa legal vixente e para favorecer a nosa saúde e a dos que nos rodean, non podemos fumar en todo o recinto colexial.
  • Empregamos as papeleiras do patio contribuíndo así á limpeza e conservación do noso ambiente. Se temos que acudir á recepción durante o recreo facémolo co permiso do profesor que está no patio nese momento.

 

NA NOSA CLASE:

  • Evitamos o ruído e a desorde nas aulas durante a clase e tamén nos descansos. Así, facilitamos o desenvolvemento do noso traballo cotián e dos demais.
  • Non saímos da aula durante os descansos, non sendo que teñamos que acudir a outra aula para a seguinte clase ou si temos permiso do profesor.
  • Tan pronto como o profesor/a entra na aula dispoñémonos rapidamente para comezar a clase.
  • Non está permitido mascar chicle, nin comer caramelos ou pipas, etc. en todo o recinto escolar.
  • Mantemos a nosa clase limpa e en orde, empregando a papeleira, evitando escribir ou raiar nos pupitres...
  • En relación ao aspecto persoal, asistirase á clase sen “piercings” e colgantes, co peiteado e roupa correctos e axeitados para un lugar de traballo e para as actividades que se realizan (non se permiten pantalóns curtos ou con aberturas, camisetas de sisas,  roupa ou calzado de praia…). Debemos presentarnos no colexio debidamente limpos e aseados.
  • Levarase o uniforme indicado ata 4º ESO (incluído).  As prendas de abrigo poden ser de calquera forma ou cor. Lembramos que non están permitidas como prendas de abrigo suadoiros ou prendas deportivas. O uso do uniforme supón unha imaxe adecuada e acorde co mesmo.
  • O uso dos teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos non destinados á actividade académica está prohibido na totalidade do recinto escolar. No caso de incumprimento da norma, retirarase o dispositivo que será entregado polo director aos pais/nais/titores legais do alumno/a.
  • Non está permitido fotografar e/ou gravar imaxes e/ou sons con calquera dispositivo durante o horario lectivo.
  • O colexio non se fai responsable dos obxectos de valor, diñeiro e outras pertenzas que os alumnos traian ao centro.

 

O incumprimento destas normas de convivencia será sancionado de acordo co vixente Regulamento de Réxime Interno do Colexio Mariano e co disposto no DECRETO 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, de 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar.