A poucos días do Nadal, e xa diplomados en Seres Mitolóxicos Galegos, os alumnos de Ed. Infantil 5 anos recibimos a mellor sorpresa deste trimestre: a visita do Apalpador, recén chegado de O Courel. Gozamos contándolle o aprendido estes meses, cantamos a nosa panxoliña e, para rematar, agasallounos cunhas ricas castañas que tiña no seu saco.
Aínda non nolo podemos crer... que sexa unha de moitas! Bo Nadal!

Destacado: