Empezamos o entroido e con él, xa chegou ao colexio o Meco mandarica. Alí o tedes, sentado co bastón, a ver quen obedece e quen non. O Meco manda e non perdoa que alguén non faga o que él di. Preparade o boli e anotade ben o que tedes que facer.


O martes ao colexio todos temos que vir,
cos pes ben quentiños con cada seu calcetín.
Pero… ollo, dous iguais non poden ser,
Non se poden repetir.

O mércores, unha tirita taparanos o nariz.
Non é porque o teñamos roto,
Pero… mais vale previr!
E por si vos parece pouco,
cun pucho ou diadema
rematades a melena.

O xoves, cando disfraz non teñades,
ben guapos estaredes si gravata traedes.
E os que gravata non queiran traer,
ao mellor un colar si queren poñer.

O venres, o Meco non sabe que vai morrer,
por iso que ainda lle imos obedecer.
Facede caladiños
os seus mandadiños:
Todo xunto ides poñer
o do martes, mércores e onte.

Despois de tanto mandar
Un escarmentó lle imos dar.
O venres á unha e media no patio non faltedes
Se velo morrer… queredes
 

Destacado: