Club Deportivo Colexio Mariano

O “Club Deportivo Colexio Mariano” fundouse no ano 1987 coa denominación: “Club Baloncesto Mariano” no barrio do Calvario na cidade de Vigo, pertencente ás Religiosas Franciscanas Misioneras de la Madre del Divino Pastor. 

Este club adícase de cheo, o traballo con mozos e mozas con idades comprendidas entre os 4 anos e os 18 anos, que así o desexen, e competindo de forma oficial dende a categoría Benxamín (7 anos) nas competicións zonais de Baloncesto e Fútbol sala. 

 

           

 

A parte de estas dúas actividades, tamén ofertamos Patinaxe e Balonmán, para que os nosos xogadores poidan escoller cunha maior oferta.

 

           

 

O noso principal obxectivo, en todas as modalidades, é a formación dos nenos, primando sempre o comportamento e a educación aos resultados deportivos. Para nós, o nivel físico na práctica do fútbol sala e o baloncesto nestas idades, non é o un papel relevante, senón que traballamos a transmisión de valores sociais.

A práctica do deporte convértese nunha vía educativa que axuda aos escolares a incorporar a súa vida diaria, non só os beneficios físicos derivados destes deportes (resistencia, elasticidade, rapidez de reflexos), senón as derivadas de seren deportes de equipo (compenetración cos compañeiros, levar adiante un proxecto comunitario), fronte a un modelo deportivo convencional, que da máis importancia ao individualismo e o prestixio, máis que á solidaridade ou igualdade.

 

 

Para este Club a figura do adestrador debe ser moi completa, xa que, o seu traballo é preparador físico e técnico, e tamén educador. Por iso, dende os máis cativos contamos, para levar a cabo esta tarefa, con licenciados en INEF, mestres, adestradores de iniciación e adestradores de 1er e 2º nivel.

 

Twitter

https://twitter.com/CDColexMariano

Contacta con el Club
cdcolexiomariano@gmail.com