Esta visita é outra mostra da importancia da educación para o cambio, a sensibilización e o respecto ao medio ambiente. Hoxe os alumnos de Ed. Infantil 5 anos visitaron o Museo do Mar e o seu inmellorable entorno, coñeceron a súa exposición, fixeron obradoiros de concienciación e disfrutaron do acuario. Para rematar, despois de merendar na praia, fixeron unha limpeza do areal en Alcabre. Poñemos fin a un proxecto, e os nosos nenos comezan a dar os seus primeiros pasos como persoas responsables coa casa común.

 

Galería de fotos: https://photos.app.goo.gl/a3nUipE1dYGDSydJA

Destacado: