Esta semana, en Ed. Infantil 5 anos, deu comezo unha nova aventura chamada: “Garabatos ao poder”!
Nesta viaxe, adentraranse no mundo da arte, concretamente nunha das figuras máis importante de todos os tempos neste ámbito: Pablo Picasso.
Coa colaboración das súas familias, investigarán e coñecerán a vida e as diferentes etapas pictóricas deste artista, a riqueza da súa obra e a vixencia da súa simboloxía sobre a Paz.

Destacado: