“Xuntos Pola PAZ”

O cartel móstranos o símbolo da pomba da paz.  Esta imaxe aparece no Libro do Xénese e representa a paz e a reconciliación tras o diluvio universal::

“A pomba veu á tardiña, e velaquí que traía no pico un ramo verde de oliveira, por onde coñeceu  Noé que diminuíran as augas por riba da terra.”

              Xénese, 8

 

Entendemos que a paz comeza na nosa contorna máis próxima, no noso día a día. Por iso, esta pomba foi debuxada en xiz sobre unha lousa que pode estar en calquera clase, de calquera dos nosos centros. Unha pomba que, dada as súas dimensións (enche toda unha lousa), precisa traballo e constancia para debuxala. O mesmo que para conseguir a paz. Acadar a paz require esforzo e perseveranza e non caer no desánimo.

 

 

A pomba que enviou Noé regresou ao arca cunha rama de oliveira. A nosa pomba “regresa” cunha rama de oliveira que leva as cores dos nosos colexios. E é que os nosos centros han de ser lugares de paz, onde a “tempestade” acóuguese, e sexan sitios de encontro, respecto, diálogo e perdón, nos que se potencie a convivencia como un fin cara á consecución da paz.



Ademais, o lema, “Xuntos pola paz”, indícanos que a paz ha de ser un obxectivo común, require a implicación de todos, (alumnos, profesores, PAS, familias…) Cada un de nós, como di San Francisco de Asís, debemos ser instrumentos de paz, e só seguindo o ensino de Xesús de Nazaret conseguiremos construír un auténtico mundo no que reine o AMOR e a PAZ.